A Vicerreitoría de Estudantes, Deportes e Cultura da Universidade da Coruña organiza a segunda edición 2014 do Curso Iniciativa Emprendedora. Proceso de Creación de Empresas. Esta iniciativa ten por obxecto ofrecer alternativas de emprego e desenvolver potencial creador do alumnado.
O curso está promovido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e será impartido pola Escola de Organización Industrial (EOI)
- Destinatarios/as: alumnado de Grao, Mestrado, Doutoramento e títulados da UDC
- Lugar de impartición: A Coruña – Centro Universitario de Riazor (CUR)
- Duración do curso: 3 semanas (do 13 ao 30 outubro 2014)
- Prazo de presentación de solicitude: ata o 9 de outubro de 2014
- Inscrición: sen cuota de inscrición
Tamén organiza a primeira edición no Campus de Ferrol en novembro
Máis información no seguinte enderezo web e emprego.vedc@udc.es
Inscrición
EMPREGO UDC– SAPE
Telf.: 981167000 Ext: 2901,2903,2916,3616